Os vindeiros 27 e 28 de novembro, na sede da Fundación Juana de Vega, sita na localidade de San Pedro de Nós, R/ Salvador Allende nº 92 en Oleiros provincia de A Coruña, terán lugar as "II XORNADAS DE COMERCIALIZACIÓN AGROALIMENTARIAS: Estratexias para o futuro do sector láteo".
- Folleto Xornadas Agroalimentarias.
- Impreso Admisión.
16/11/09
Charlas Informativas sobre o Programa LEADER 2007 - 2013
Con motivo da presentación á poboación en xeral do funcionamento e os modos de participación na asociación, así como da convocatoria de Axudas do Plan LEADER 2007 - 2013, o equipo técnico da Asociación Terras de Lugo informará nos distintos concellos do territorio nas seguintes fechas e dias:
- O Corgo: Centro Sociocultural de O Corgo, 17/11/2009 as 21:00 horas.
- Guntín: Casa da Cultura de Guntín, 19/11/2009 as 21:00 horas.
- Outeiro de Rei: Casa da Cultura de Outeiro de Rei, 24/11/2009 as 21:00 horas.
- Rábade: Centro Sociocultural de Rábade, 27/11/2009 as 21:00 horas.
- Castroverde: Salón de Plenos de Castroverde, 01/12/2009 as 21:00 horas.
- Friol: Centro Sociocultural de Friol, 03/12/2009 as 21:00 horas.

10/11/09
XORNADAS DE RESERVAS DA BIOSFERA
Os pasados dias 6 e 7 o equipo técnico da Asociación Terras de Lugo, asistiu as “II Xornadas sobre Reservas da Biosfera”, ás cales tiveron lugar nos concellos de Enguidanos, Iniesta e Minglanilla, pertencentes á provincia de Cuenca.
Entre outros temas, tratouse a xestión das reservas da biosfera a través de experiencias de distintas comunidades autónomas. A maiores das charlas, tamén visitouse a “Reserva Natural de las Hoces del Cabriel” e o Museo Arqueolóxico de Iniesta.
Estas xornadas estaban enmarcadas na fase preparatoria do proxecto de cooperación interterritorial “RED DE ESPACIOS AMBIENTALMENTE COMPETITIVOS”, no cal participa nosa Asociación.

03/11/09
III Certame Literario Terras de Chamoso
Dende a Asociación Terras de Lugo convidámosvos a participar na terceira edición do certame literario “Terras de Chamoso”.
Bases do III Certame Literario Terras de Chamoso.

27/10/09
XORNADAS DA AUGA
Comprácenos anunciar que os días 28 e 29 de outubro terá lugar en Abegondo as “XORNADAS DA AUGA”.
Estas xornadas están organizadas en base a fase preparatoria do proxecto de cooperación interterritorial “RED DE ESPACIOS AMBIENTALMENTE COMPETITIVOS”, no cal participa a Asociación Terras de Lugo.
Dentro deste proxecto, cada grupo persegue a finalidade de elaborar ou deseñar estratexias que melloren a participación social en proxectos de mellora de espazos relacionados cos cauces fluviais. Por isto, o obxectivo destas xornadas é o de facilitar, mediante o intercambio de experiencias, a introdución na metodoloxía dos procesos de participación pública para a Xestión dos Planes de Bacía.
Triptico "Xornadas da Auga"

09/10/09
O GDR-4 no semanario TERRA
O pasado 4 de outubro de 2009 a Asociación publicou o seu primeiro artigo no semanario “Terra” do periódico “El Progreso”, ao cal pódese acceder clicando na parte dereita na sección “Comunicados Prensa”.
E dicimos primeiro, xa que cunha periodicidade quincenal publicaremos un artigo en dito semanario, cuxa saída será tódolos domingos gratuitamente coa compra de “El Progreso”.

25/09/09
Os GDRs Galegos da man
O pasado mércores 16 a Asociación Terras de Lugo participou, como convocante, nunha xuntanza de Grupos de Desenvolvemento Rural de toda Galicia.
Os temas a tratar foron dous:
1) A Creación dunha Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural Galegos. A nosa Asociación ten grande interese en formar parte de dita asociación xa que os obxectivos da súa creación son, entre outros:
• Servir de portavoz de tódolos grupos ante as distintas administracións
• Establecer un foro de debate sobre as oportunidades do desenvolvemento rural en Galicia
• Facer un seguimento da execución do Feader
• Participar e propoñer proxectos de Cooperación
• Apoio permanente ós GDR´s
• Buscar novas fontes de financiamento para o desenvolvemento rural
Chegouse ao acordo de constituír unha asociación soamente de GDR’s a partires de unha que xa estaba creada do LEADER anterior, aproveitando o nome e o CIF e tomando como base os seus estatutos para a elaboración duns novos.
2) A situación económica e financeira dos grupos. Ante as grandes dificultades que os grupos están a pasar neste eido, acordouse solicitar unha entrevista co Director Xeral de AGADER co obxectivo de buscar unha solución á nosa problemática o antes posible. Tamén chegouse ao consenso, de enviar unha nota de prensa a distintos medios de comunicación, co obxectivo de dar a coñecer a Reunión de GDR’s de Galiza e o seu fundamento.

01/06/09
CONVOCATORIA DE AXUDAS, LEADER GALICIA 2007 - 2013
Comprácenos comunicar que o vindeiro 2 de xuño do 2009, ábrese a "Convocatoria de Axudas" para proxectos subvencionables ó abeiro do programa LEADER GALICIA 2007 - 2013, así coma o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, tendo en conta que a data de admisión comeza o 2 de xuño de 2009 e remata o 1 de setembro de 2013.
Toda información referente a prazos, documentación a presentar, rexime de axudas, baremo, etc..., así como os modelos de solicitude de axuda, atópanse no apartado "Documentos do Promotor", sito na parte dereita desta páxina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)